Portada ›› Surf ›› Aprazada por condicións climatolóxicas adversas o Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).

Aprazada por condicións climatolóxicas adversas o Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).

Aprazada por condicións climatolóxicas adversas o Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).

Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica e tras numerosas chamadas de clubes e competidores alertándonos das previsións para este fin de semana, vémosnos obrigados a aprazar dúas semanas o Campionato Galego previsto para ste fin de semana en Soesto (Laxe).

Esta proba celebrarase finalmente os días 12 e 13 de Setembro dado que non hai máis datas dispoñibles no calendario da FGS.

Como podedes comprobar na imaxe a continuación, as previsións son de ventos "onshore" de 21 nós e ondas de 3 metros e medio, o que fai prever que a práctica do surf será prácticamente imposible e perigosa, especialmente para as categorías Xunior e Infantil.