Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros
![Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros Éxito do I Maratón de Pesca por Parellas organizado por Deportes Remanso no encoro de Portodemouros](/var/masmar/storage/images/pesca/concursos-de-pesca/exito-do-i-maraton-de-pesca-por-parellas-organizado-por-deportes-remanso-no-encoro-de-portodemouros/139312-1-esl-ES/Exito-do-I-Maraton-de-Pesca-por-Parellas-organizado-por-Deportes-Remanso-no-encoro-de-Portodemouros_articlefull.jpg)
Finalmente, foron 72 as persoas que se deron cita este sábado no encoro de Portodemouros para participar no I Maratón de Pesca por Parellas posto en marcha polo establecemento especializado en caza e pesca Remanso, con sede no concello de O Pino.
Nunha xornada marcada polas altas temperaturas e o vento, os participantes, organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como troitas. En total obtivéronse 34 quilos de escalos e 8'5 de troitas. En escalos, a parella gañadora presentouse como “Pescaítos”, e estaba formada por Enrique Veiga e Gabriel García. En segundo lugar clasificáronse “Os Larufas”, Juan M. Sánchez e José Varela (de O Pino) e en terceiro lugar, “O Peixe”, conformada por Alfonso Garrido e J. Emilio Rodríguez.
En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono “Os rangers”, J.Manuel Cabo e Antonio Noya; en segundo lugar situouse a parella “O roxo”, formada por Rubén Moure e Rubén Fernández e en terceiro lugar, “Os chapis”, Eduardo Vidal e J. Manuel López. Todos eles obtiveron o seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca.
Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, “a valoración é sumamente positiva, posto que era a primeira vez que se organizada unha iniciativa destas características, que foi moi ben acollida polos pescadores. De feito, todos me animaron a repetir o ano que vén; algo que evidentemente, imos facer, tendo en conta a magnífica resposta da xente que acudiu o sábado”. Asemade, o responsable de Remanso aproveita para agradecer a exhibición de montaxe de culleriñas realizada por Eduardo Fontenla, de Cucharillas Edu , así como tamen a todolos patrocinadores.