Portada ›› Piragüismo ›› Más piragua ›› Máis de 2.700 alumnos de toda Galicia desfrutan no presente curso do 'piragüismo na escola' grazas ao programa xogade

Máis de 2.700 alumnos de toda Galicia desfrutan no presente curso do 'piragüismo na escola' grazas ao programa xogade

Máis de 2.700 alumnos de toda Galicia desfrutan no presente curso do 'piragüismo na escola' grazas ao programa xogade

_As xornadas consisten na práctica deportiva do piragüismo nas dúas embarcacións tipo dragón adquiridass pola Xunta de Galicia en 2019 por importe de 26.953 euros

Pontevedra, 28 de abril de 2022.- A Xunta de Galicia, a través do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) desenvolve desde o pasado curso 2020-2021 a actividade deportiva escolar de piragüismo. Nesta segunda edición, como novidade e ante a boa resposta rexistrada, a actividade esténdese ás catro provincias galegas chegando a un total de 2.712 alumnos e alumnas de toda Galicia. A proposta realízase en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo.

Na mañá de hoxe, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á xornada de piragüismo levada a cabo pola Servizo Provincial de Deportes en Pontevedra na que participaron un total de 84 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e 1º de ESO en dúas quendas. Esta foi a cuarta xornada das oito que se celebrarán na provincia de Pontevedra, cunha participación de 631 alumnos pertencentes a 19 centros educativos diferentes.

A xornada consiste na práctica deportiva do piragüismo nas dúas embarcacións tipo dragón adquiridas pola Xunta de Galicia en 2019 por importe de 26.953 euros. En 2020, a Secretaría Xeral para o Deporte adquiriu tamen un remolque destinado a esta actividade por 4.537 euros.

Nesta actividade 22 rapaces e rapazas embárcanse no dragón realizando un traballo en equipo: vinte padexan, un marca o ritmo co tambor e o monitor encárgase do temón. Os centros participantes traballan previamente a través da unidade didáctica 'O piragüismo na escola' preparada para ese efecto para que os escolares estean preparados para realizar esta actividade con garantías. A coordinación grupal e a colaboración son aspectos determinantes para que a embarcación se deslice a maior velocidade sobre a auga.
No caso de Pontevedra, os participantes gozarán desta experiencia nun lugar privilexiado como é o encoro do pontillón do castro de Verducido. Unha instalación onde adestran a diario os mellores piragüistas autonómicos e nacionais e onde se celebran importantes competicións.

Ademais destas xornadas celebradas en Verducido, o Servizo Provincial de Deportes de Lugo tamén realizou as xornadas de piragüismo do porgrama Xogade no mes de novembro cunha participación de 411 nenos e nenas. Do 9 de maio ao 25 de maio será a quenda de Ourense, que xuntará a 620 rapaces e rapazas no encoro de Castrelo de Miño e, por último, A Coruña celebrará as súas en Portosin e Ares cun total de 1.050 alumnos e alumnas entre os meses de maio e xuño.