Portada ›› Surf ›› 3ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de A Lanzada (O Grove)

3ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de A Lanzada (O Grove)

O fin de semán do 24 e 25 de Outubro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 140 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

CAMPIONATO: 3º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Clube Raspas Corchos Club e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola e Concello de O Grove.
DATA: 24 e 25 de Outubro.
LUGAR: Praia de A Lanzada (O Grove).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.
CATEGORIAS: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.

MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 22 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 22 de Outubro as 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.