Portada ›› Náutica ›› más-náutica ›› O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia porá en valor o “pasado, presente e futuro da cultura mariñeira” en Sada

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia porá en valor o “pasado, presente e futuro da cultura mariñeira” en Sada

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia porá en valor o “pasado, presente e futuro da cultura mariñeira” en Sada

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) presentou a cita, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto na vila, e que prevé reunir un cento de embarcacións e case un milleiro de tripulantes

4 de marzo de 2023.- A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) presentou esta mañá na capela de San Roque de Sada o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na vila do 3 ao 6 de agosto.

O presidente da federación, José Luis Sacau Fontenla, destacou a “volta” ás Rías Altas do evento despois de 16 anos: “É unha localización marabillosa, pola contorna natural e pola potencia da comarca”. O encontro divulgará, engadiu, “o pasado, presente e futuro da cultura mariñeira” a través da reunión no porto de decenas de embarcacións tradicionais chegadas de toda Galicia e do programa de actividades para cativos e adultos, no que tamén haberá espazo para a participación de persoas con diversidad funcional, que accederán ás embarcacións.

“O encontro é un foro onde compartir, aprender e desfrutar, cun programa de puro desfrute”, asegurou. A alcaldesa de Sada, María Nogareda, subliñou o valor do evento para “transmitir aos máis mozos o que fomos, unha vila mariñeira” e resaltou o programa, que servirá para achegar o mar a persoas de todas as idades.

O presidente da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros, Miguel Martínez,manifestou que o evento porá en valor “o mar, que tanto lle deu a Sada” e presentou aexposición que se poderá visitar durante todo o mes na propia capela de San Roque condistintos elementos vencellados á cultura mariñeira da vila. Tamén se fixo entrega no acto da Copa Balbina, na súa XIV edición, na que, explicou Martínez, “o importante non é gañar senon participar”.

No porto de Sada reuniranse, nos catro días de agosto, dornas, navíos ou bucetas, entre outras tipoloxías de embarcacións, que farán diversos percorridos pola ría, pero tamén se desenvolverá, no paseo, un variado programa de actividades culturais vencelladas ao mar. Esta décimo sexta edición do evento chega en 2023 tras a suspensión da anterior edición, en Moaña, pola Covid-19.