Portada ›› Remo ›› A Cabana reina na casa. A traiñeira ferrolana vence e aumenta o seu liderado na liga b

A Cabana reina na casa. A traiñeira ferrolana vence e aumenta o seu liderado na liga b

A Cabana reina na casa.  A traiñeira ferrolana vence e aumenta o seu liderado na liga b

Tarde solleira a que nos brindou a cidade de Ferrol para unha nova xornada da Liga B.

Na primeira tanda e a pesar da igualdade, Chapela foi quen de non verse ameazado por ningún dos seus compañeiros de tanda. Parando o crono en 21:30 e superando a Mugardos en dezanove segundos. Vila de Cangas estivo preto por momentos, pero rematou sucumbindo a quince segundos dos mugardeses.

Maior igualdade a da segunda tanda, xa que Cedeira e Perillo non foron quende separarse en ningún momento a mais de 3 segundos e finalizaron prácticamente a par imposible mollarse chegou primeira das dúas sendo finalmente Cedeira quen levou o gato a auga. Encanto a Castropol, levou o peso da tanda dende o inicio e venceu con holgura, chegando a 9 segundos antes que os seus rivais.

Fixose sperar a quenda de honra xa que uns problemas na saida retrasaron o inicio do plato forte desta XVI Bandeira Cidade de Ferrol.

A Cabana reinou na sua casa con autoridade, cun ambiente excepcional da sua xente que non parou de animar os seus en ningún momento, indose ata case 15 segundos da Esteirana que foi segunda, Coruxo, algo lonxe da cabeza foi terceiro, e pechou Cesantes, cercano os tempos de Castropol da segunda tanda. Entregou a Bandeira e o Maillot Pindusa Vázquez, presidenta do clube.