Portada ›› Remo ›› Ares reina na súa terra

Ares reina na súa terra

Ares reina na súa terra

O C.R. Ares proclamouse campión da XII Bandeira Concello de Ares. Os cinco primeiros clasificados volveron ofrecer unha regata moi igualada.

A liga galega de traiñas trasladouse, a segunda xornada de liga, ao Concello de Ares. O club aresano foi o encargado de celbrar a XII Bandeira Concello de Ares. Deste xeito, o primeiro líder da LGT tiña a posibilidade de defender o posto remando na casa.

A diferenza da primeira xornada a orde de saída xa non se establecería por sorteo senón segundo a clasificación do día de anterior. Con isto a primeira quenda estivo formada por Amegrove C.R., o C.R. de Rianxo e o C.R. Muros. A quenda estivo dominada de principio a fin pola Virxe da Guadalupe, dan a sensación dun equipo que aspira máis á segunda quenda que a eludir o descenso, parando o cronómetro nos 21´22”. Por detrás Amegrove e Muros, que pecharon a clasificación do día anterior, víanse as caras por primeira vez. O primeiro enfrontamento foi a parar para os do Grove que remataron a 25 segundos dos de Rianxo e 11 por diante da Murada.

Na segunda manga partiron o C.R. Cuca – Vilaxoán, o C.M. Bueu – Tecarsa, a Mariñeira de Mera e o C.R. de Cabo da Cruz. Esta quenda serviría para medir, a curto prazo, o nivel de cada equipo. A quenda volveuse a partir en dúas loitas. Por un lado Vilaxoán e Bueu e por outro, de novo, Mera e Cabo. Na primeira referencia a Virxe do Carme adiantaba en dous segundos á Maruxía, pero nos seguintes puntos a diferenza aumentaría. Finalmente os de truco rematarían en 20´24” quedando 30” por diante dun Bueu que foi de máis a menos. Tanto a menos foi que Mera rematou a so 6 segundos despois de estar a 14. A Mariñeira volveu a repetir a loita con Cabo pero desta vez os de Pendo non cederon e remataron por diante. Aínda así os de Gustavo tiveron que loitar ata o final para evitar facer peor tempo que Rianxo, salvándose por 80 centésimas.

Na quenda de honra esperábase unha loita moi igualada e non defraudou. Ares chegaba á primeira virada un segundo por diante de Tirán, cinco de Mecos e 6 Meira. Vilaxoán estivo moi presente nesta quenda xa que nos tempos compensados situábase terceiro. Na segunda virada Ares continuaba primeira pero por detrás Mecos adiantaba a Tirán e Meira seguía cuarta pero cun tempo pero co de Vilaxoán. Nada cambiou na terceira manga agás que as catro embarcacións xa conseguían superar a Vilaxoán. No último longo Ares certificou a súa vitoria a pesar do esforzo da Mequiña por arrebatarlle a bandeira. Os de Eclise rematan a primeira fin de semana líderes gañando as dúas bandeiras. Por detrás finalmente Meira conseguía superar a Tirán e ambas melloraban o tempo de Vilaxoán rematando teceiros e cuartos respectivamente, na clasificación da xornada.