Portada ›› Remo ›› Cesantes achégase á liga A

Cesantes achégase á liga A

Cesantes achégase á liga A

A tempada na liga b rematou con Puebla na primeira posición, pero as dúas últimas xornadas da competición foron para Cesantes.

Co gran final de liga realizado, os de Redondela partían coa bitola de favoritos no play de off de ascenso á liga A 2021. Unha previsión que non fallou nunha primeira xornada da fase de ascenso moi igualada. A competición estase levando a cabo en Rianxo respectando todas as medidas sanitarias, tanto nos equipos como nos peiraos. Cunha mar picada saíron a competir os tres protagonistas. As condicións afectaron as saídas, especialmente a Cesantes que non foi capaz de saír co barco enderazo. Á primeira virada chegaban as tres traiñeiras moi igualadas, con Salgado Perillo e o CDM Mera liderando dous segundos por diante dos de Redondela. Á segunda virada era Cesantes o que chegaba seis por diante das dúas embarcacións de Oleiros. A igualdade romperíase na última referencia. Cesantes lideraba, Perillo aguantaba os 6 segundos por detrás pero Mera xa se afastaba ata os 16. Unhas diferencias que se ampliarían no último longo, rematando Perillo 9 por detrás e Mera 25. O resultado da primeira xornada pon a Cesantes na cabeza con 3 puntos, Salgado Perillo segundo con 2 e CDM Mera terceiro con 3. Mañá disputarase a segunda xornada, en caso de empatar dous equipos a puntos rompería a igualdade a diferenza de tempos. O Peirao de Rianxo acollerá de novo o punto e final á tempada 2020 da LGT.