Portada ›› Surf ›› 1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).

1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).

1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).

O fin de semán do 21 e 22 de Agosto terá lugar a primeira proba do Circuito Galego de categoría Xuvenil.

As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Pablo Montero

CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Clube Sandspit e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola e Concello de Arteixo.
DATA: 21 e 22 de Agosto.
LUGAR: Praia de Sabón (Arteixo).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
CATEGORíAS: Infantil (nados do 1996 en adiante) e Xuvenil (nados do 1992 ao 1995). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.
MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO:
- 8,00€ para os competidores que se inscriban e asistan con técnico.
-12,00€ para os competidores que se inscriban e asistan sen técnico .

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas, indicando o nome no ingreso.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas.