Portada ›› Remo ›› Narón vístese de líder en Vigo na apertura da Liga B do Trofeo Xunta de Galicia

Narón vístese de líder en Vigo na apertura da Liga B do Trofeo Xunta de Galicia

Narón vístese de líder en Vigo na apertura da Liga B do Trofeo Xunta de Galicia

A segunda categoría masculina da Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de Galicia iniciou este sábado o seu calendario coa disputa da XXVII Bandeira Concello de Vigo.

Tres embarcación da área de Ferrol dominaron no campo de regatas do Club de Remo Virxe da Guía e o primeiro maillot de líder conseguiuno Narón ao superar por menos

de dous segundos a Mugardos. O terceiro posto entre as once participantes na Liga B correspondeu a Cedeira.

04_07_21_03

A configuración das quendas determinouse por sorteo e a primeira serie foi a única que contou con tres traiñeiras. Samertolameu Oversea B asinou os mellores parciais nos

tres primeiros longos por diante de Puebla, quedando A Cabana-Ferrol relegada á terceira posición. Porén, o conxunto de Meira sufriu un contratempo na última virada ao

caer á auga un dos seus remeiros. Esa situación aproveitouna o equipo da Pobra do Caramiñal para recortar a diferenza, pero aínda así o filial que competía na súa ría venceu

con 11” de marxe.

A referencia establecida por Samertolameu Oversea rebaixárona as catro traiñeiras da segunda quenda ao remate do primeiro longo. Chapela e Cedeira marcaron o mesmo

tempo, sendo 2” máis rápidas que Amegrove e distanciándose en 4” de Virxe da Guía. A única representante da provincia da Coruña nesta serie virou en primeira posición

no ecuador da proba, 2” antes que os chapeleiros, unha pequena marxe que logrou ampliar a 8” no final da regata. O equipo local, que rematou cuarto, quedou fóra de regata

e non sumou ningún punto ao equivocarse de carreiro na entrada en meta.

O tempo de Cedeira (22:14,80) mellorárono na última quenda dúas embarcacións que tamén pertencen á área de Ferrol. Narón e Mugardos abriron oco respecto a Vila de

Cangas e Castropol no longo inicial e mantiveron un cara a cara moi axustado ata os metro finais. Os naroneses impuxéronse ao esprint e por unha diferenza de 1 segundo

e 54 centésimas adxudicáronse a primeira bandeira da temporada na Liga B.

Vila de Cangas, que se clasificou sexta por detrás de Chapela e Amegrove, exercerá de anfitrioa este domingo, a partir das 12:00 horas, na XXXI Bandeira Concello de Cangas.